En Marrocos os brutos arrasaban con todo ao seu paso. A última semana unha ola de asesinatos sacudiu á familia real e no Noreste levantouse unha insurrección berebere que ameaza con convertirse en un problema de larga duración. A xente empeza a acostumbrarse as mortes aleatorias e á campaña de terror, e a perdida de poboación estaba a repercutir negativamente na economia da rexión. Afortunadamente os experimentos do doctor Salvatore estan casi rematados e pronto todas esas baixas trasformaranse en obedientes e mortiferos zombies azuis. Os zombies azuis son o último grito en tecnoloxia vudú. Sistema de dirección asistida, aumento da velocidade, reducción da penalización nos puntos de inteligencia, inmunidade ao veneno, feitizos de control mental e danos elementais, ademais de incorporar a habilidade festa zombie, que supon un increibel aumento nos dados de dano a cambio de unha minuscula perdida periodica de puntos de vida, por non falar do incremento no multiplicador de ganancia de experiencia, e poden plegarse e transportarse comodamente en unha simple maleta de equipaxe estandar modelo estadounidense. Tamen está a traballar en ampliar a duración dos porcos explosivos e na reducción da recuperación dos abellóns aspernicos.

Por outra parte a expedición de Capadocia non vai demasiado ben. Facía varias semanas que Giusepe non da sinais de vida, polo que seguramente estará morto ou preso nunha desas suits de luxo que os nosos enemigos chaman calabozos. O caso e que en ningun dos dous casos nos é xa util, e del dependia a misión de atopar o orixinal Necronomicrón, ou o Santo Grial, ou o que fora buscar a aquelas terras, non estaba prestando atención cando o enviaron, pero, quen prestaría atención a esas cousas con tantos rebeldes por torturar. Un debe de estar centrado no que fai, e en ese momento estaba no medio de un importante interrogatorio, e si, como pensaba a millor cor e o laranxa.

Pero que mais da todo esto, mentres teña chocapics!

Advertisements

~ by Sesos Solubles on May 5, 2008.

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

w

Connecting to %s

 
%d bloggers like this: