DIGRA, ABRE OS OLLOS!!

Digra Pernandúa.

Digra Pernandúa…

A Realidade é unha árbore, queridos lacaios. Nas raíces está o óso e a carne e o bronce atravesando coiro: a tanxible angustia existencial da materia.

Canto máis te achegas á copa, máis preto estás de te tranformar e mezclar coas ideas máis puras que nela habitan, quedando polo medio todo un espectro de pensamentos, iconos, bandeiras, alfabetos, soños, pesadelos e nomes…

E nalgún lugar da árbore, Digra Pernandúa pensou en sí mesma e pariuse. Habitou no pensamento das cousas sangrantes e peludas ata que decidiu cheirar en directo o doce aroma da morte, e viaxou a planos máis baixos en busca de pel humana que cortar.

O resto, como din,é historia: os universos paralelos foron caendo pola plaga de Digra cada vez que a humanidade neles residente ousaba querer subir ás alturas da árbore.

Hoxe, cercanos ao 2012, achegámonos á entrada da humanidade deste paralelo dimensional na Era das Ideas.

¿¿Pensan que poden abandonar así este plano de cinza e podredume para vagar á súas anchas pola árbore?? ¡Non! Terán que pasar sobre os seus cadáveres!

¡Deixemos que naza Digra neste paralelo dimensional e traia a morte mental e o triunfo da antivida sobre a carne humana!

Irmáns da Koalición! Na Antártida roubamos o portal dimensional da triste Resistencia, e das nosas Minas de Antivida extraímos a materia prima pra traer ao monstro entre nós.

Nas coordenadas 15° 1′ 19″ Norte, 39° 12′ 32″ Este, Digra surxirá. O ceo será vermello cando un océano de vísceras se reflexe nel!!

Salve Digra Pernandúa e o Eterno Eucalipto da Antvida!

Viva

e Morra!

Australia por sempre…

(Por certo, ¿de que era a carne que había na neveira?)

Advertisements

~ by Monito Soluble Plus 2.0 on May 5, 2008.

One Response to “DIGRA, ABRE OS OLLOS!!”

  1. Sacre Bleu!!

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s

 
%d bloggers like this: